Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de outubro

9.15 h
Na Cidade da Cultura (CINC), o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de inauguración de GaliciaTIC 2013.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Participación Cidadá e Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No viveiro de empresas da Cámara de Comercio (Polígono de Costa Vella, rúa República Checa, número 40), a concelleira de Emprego, Reyes Leis, xunto co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado, participa na inauguración do programa de creación e consolidación de empresas e autoemprego "Emprende en positivo", no que colaboran o Concello e a Fundación Incyde.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.15 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao curso de xoiería organizado pola Concellería de Xuventude.

19.30 a 22.00 h
No CSCXM do Ensanche, Classicobradoiro para adultos sobre guión cinematográfico, impartido polo director e guionista santiagués Alfonso Zarauza, dentro de Cineclassics 2013.

20.30 h
Na Zona C, Lagarta, Lagarta presenta 'O país do Pato Donald' dentro do ciclo Teatro&Danza.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto do pianista Javier Perianes: 'Música callada: Mompou e Debussy' dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.00 h
Na Sede SGAE-Fundación Autor, concerto de Second que presenta o seu novo disco 'Montaña rusa' dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: