Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 12 de outubro

10.45 h
No Campo de fútbol do Sergas, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participa no Torneo de Fútbol 7.

12.15 h
Na Igrexa de San Francisco, os concelleiros asisten aos actos con motivo da Festa do Pilar, patroa do Corpo da Garda Civil.

18.00 h
No Salón Teatro, 'Touporroutou da lúa e do sol', o teatro infantil de Roberto Vidal Bolaño, Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia. En Teatro&Danza.

20.30 h
Na Zona C, 'visor' (poesía expandida), unha experiencia poética e audiovisual, en Teatro&danza.

20.30 h
No Teatro Principal, na última xornada de Sons Tránsitos poderemos gozar de tres concertos: La Musgaña, que presenta "Entre dos"; Pentalfa, un novo proxecto musical galego, con cinco músicos ligados a Luar na Lubre, e, por último, Acetre, un dos grupos tradicionais máis veteranos de Estremadura. En Sons'13.

Compartir: