Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 11 de outubro

10.30 h e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, 'O piano preparado', concerto didáctico que se enmarca no ciclo 'A desTempo' das Xornadas de Música Contemporánea. Poderemos escoitar sonatas e interludios para piano preparado de John Cage.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar os novos concertos do Ciclo Compostela Rock.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Alameda (paseo da Ferradura), o concelleiro de Seguridade, Luis Bello, asiste á inauguración da exposición itinerante "Movemos a enerxía que move o mundo", que ten como obxectivo explicar como chegan os carburantes aos consumidores finais, organizada polo Grupo CLH.

11.30 h
No Real Teatro de Las Cortes de San Fernando (Cádiz), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega da Medalla da Cidade de San Fernando aos veciños da parroquia de Angrois.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar o curso de educación de adultos da Fundación Radio Ecca.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: Tempos Modernos, de Charles Chaplin. A continuación, café con cine co escritor e crítico de cine, Miguel Anxo Fernández.

20.30 h
Na Zona C, 'visor' (poesía expandida), unha experiencia poética e audiovisual, en Teatro&danza.

20.30 h
No Teatro Principal, segunda xornada de Sons Tránsitos na que poderemos escoitar a Chico César, un dos grandes da música brasileira e a Pedro Pastor (fillo de Luis Pastor e Lourdes Guerra, e sobriño de Pedro Guerra), en Sons'13.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o monologista Berto Romero presenta 'Sigue con nosotros', no Falabaratos.

Compartir: