Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de xaneiro

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA para presentar o 'Implícate 2013. Noite de música e palabra solidaria' que se celebra o domingo 13 no Teatro Principal. Na rolda estarán María Reimóndez, presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento; e Luis Tosar e Yolanda Castaño, que presentarán a gala.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese con representantes da Fundación Amigos de Galicia, presidida por Luis Rial Suárez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para informar dos asuntos que se tratarán na Comisión Asesora de Patrimonio Histórico, que terá lugar pola tarde na Capela de Raxoi.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto do pianista Sebastian Knauer dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.

Compartir: