Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 31 de xaneiro

10.45 h
En Fitur, no stand de Galicia, presentación dun innovador "Tour Box" para descubrir conxuntamente tres camiños de peregrinaxe declarados Itinerarios Culturais Europeos, o Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olav. Nesta presentación intervirán a concelleira de Turismo, Reyes Leis; a directora xeral do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais, Penélope Denu; o presidente de Camiños de Europa, Alessandro Cardinali; o presidente da Asociación Europea da Vía Francíxena, Massimo Tedeschi; o coordinador do Proxecto Certo, Giovanni Pattoneri; e o product manager do "Eatinerari-Cammini d’Europa", Diego Di Paolo.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para informar sobre os asuntos da súa área que van a pleno ordinario.

16.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 26 de decembro de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2012.
3. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural no ámbito coñecido como vivendas de Ramírez.
4. Aprobación inicial da modificación puntual do catálogo do PXOM e do plan especial de patrimonio construído de interese cultural, no ámbito correspondente aos números 108, 110 e 112 da Avda. de Rosalía de Castro.
5. Aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito do quinteiro K do parque empresarial da Sionlla (parcelas K4c01a-K4c01b).
6. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a ampliación do cemiterio de San Xián de Carballal (equipamento relixioso R.05.1).
7. Aprobación inicial da modificación puntual da normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal aplicable ás situacións de fóra de ordenación.
8. Proposta de adhesión do Concello de Santiago de Compostela ao Pacto dos Alcaldes (Convenant o Majors).
9. Solicitude de adhesión do Concello de Santiago de Compostela á Asociación Rede de Cidades Intelixentes (RECI).
10. Modificación de acordo plenario do día 26 de decembro de 2012, relativo á integración do persoal de EMUVISSA no Concello.
11. Aprobación inicial da modificación do cadro de persoal para o ano 2012.
12. Modificación orzamentaria para gastos de investimento para a execución de obras incluídas no obradoiro de emprego de Santiago Impulsa.
13. Dar conta de Decreto de prórroga do orzamento do ano 2012 para o 2013.
14. Dar conta de constitución do grupo político do PSdeG-PSOE.
15. Dar conta de persoamentos e sentenzas en recursos contencioso-administrativos.
16. Dar conta de diversas resolucións da Alcaldía sobre nomeamento de concelleira secretaria suplente segunda da Xunta de Goberno, e sobre remisión de documentación ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción 1 de Lugo, relativa ás dilixencias previas 972/2011.
17. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
18. Rogos e preguntas.
19. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
20. Renuncia ao cargo de concelleira de Dona Paula Prado del Río.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Philipp Dukes, director e viola, e Daniel Hope, violín. Dentro do programa de abono. .

21.00 h
No Teatro Principal, estrea absoluta do espectáculo de Rober Bodegas, 'O umbral da estupidez' dentro do ciclo Falabaratos.

Antroido nos Centros
17,00h LSC San Lourenzo. "Superheroes". Elaboración de disfraces para a comparsa. Todos os públicos.
18,00h CSC A Trisca Disfraces. Obradoiro de disfraces. Nenos/as
19,00h Lsc Cancelas, Maquillaxe. Obradoiro de maquillaxe. Nenos/as
18.00h Csc Sta Marta, "Superheroes". Elaboración de caretas e complementos do disfrace para a comparsa de Superheroe. Todos os públicos

Compartir: