Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de xaneiro

10.15 h e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

10.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a Comisión executiva da devandita entidade. Haberá declaracións ao remate (aprox. 11.00 h).

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, para informar sobre un expediente disciplinario.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Open Ranking Galego de Espada Nacional de Veteranos, xunto co presidente do Club de Esgrima de Santiago, José Piñeiro Fuentes.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h
Na Zona C, concerto de Hollywater, que presentan o seu novo disco Wasteland, e Curtinatis dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: