Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar a Cabalgata de Reis.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, fai entrega dos premios do concurso de Beléns e Ambientación de Nadal 2012.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, e do deputado Xosé A. Sánchez Bugallo.

13.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), a concelleira María Castelao, dá conta do programa "Comparte un xoguete", organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte en colaboración coa Cruz Vermella. Grazas a esta campaña máis de 300 nenos poderán recibir regalos doados por entidades e cidadáns de Compostela.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios que sairá ás 12.50 h da Praza do Obradoiro.

17.00 e 18.30h
Na Zona "C", Caramuxo Teatro presenta 'Glub glub', teatro para bebés dentro do programa Infantil&Familiar.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Promoconcert presenta 'El lago de los cisnes' co Ballet ruso de Moscova.

Compartir: