Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 19 de xaneiro

12.00 h
Na Alameda (Pista de xeo), o alcalde compostelán, Ángel Currás, fai o saque de honra do primeiro partido de hóckey sobre xeo que se celebra en Santiago e que enfronta aos equipos Invernalia Team e Club Lóstregos de Lugo.

18.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, actividade 'O Señor das Dunas', organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellería de Normalización Lingüística.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia cos Alumnos do Conservatorio Profesional de Santiago dirixidos por Diego García Rodríguez dentro do ciclo Infantil&Familiar. .

21.00 h
No Teatro Principal, Voadora presenta 'Tokio3' dirixida por Marta Pazos dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Marta Pazos, José Diaz, Sergio Zearreta, Hugo Torres, Borja Fernández e Uxía P. Vaello.

Compartir: