Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 11 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Infantil&Familiar de xaneiro a abril do 2013.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese con representantes da Asociación de Taxistas. Asiste o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras, Infraestruturas e Medio Ambiente, María Castelao, para presentar o proxecto de rehabilitación do parque da alameda.

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart) estrea da curtametraxe 'Mr. Smith & Mrs. Wesson' dirixida por Jorge Saavedra e protagonizada por Camila Bossa e Octavi Pujades.

Compartir: