Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 10 de xaneiro

10.00 h
No Colexio Apóstolo Santiago, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visita o centro xunto co arquitecto da Unidade Técnica da Xefatura territorial de Educación da Coruña, para tratar sobre as obras do comedor.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Falabaratos de xaneiro a maio.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, o concelleiro de Relacións Institucionais, Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya; o representante da Fundación SEUR, José Manuel Maroño, e o presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, Eladio Fernández, inauguran a exposición itinerante "Con outra mirada", que organiza FEAPS co obxectivo de mostrar a evolución dos dereitos das persoas con minusvalidez intelectual a través da historia, así como os retos e dereitos que aínda quedan por conseguir. Durante o acto, dúas persoas con minusvalidez intelectual realizarán un percorrido pola exposición para os asistentes, explicando o contido de cada panel.

20.00 h
No Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, inauguración da exposición "Compostela, un ano de Voz 2012".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia dentro do ciclo Novas Orquestras. Rubén Gimeno, director; Antonio Lagares, trompa.
21.00 h
No Salón Teatro, estrea do espectáculo Linda and Fredy, ilusionistas, de Teatro do Noroeste.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de El columpio asesino (Pamplona, indie rock) final da xira Diamantes. Dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: