Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 5 de setembro

10.00 h
No Departamento de Servizos Sociais (Isaac Díaz Pardo, 2-4), a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, reúnese coa coordinadora de equipo da Fundación Secretariado Xitano, Isabel Suárez.

11.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para presentar a proxección na praza da Quintana do filme Vilamor, no marco do programa Redecinema, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña. Na rolda tamén participará o director do filme, Ignacio Vilar, e os actores Rubén Riós e Sabela Arán.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar un certame de corais de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Cámara de Comercio de Santiago (San Pedro de Mezonzo, 44), a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, participa na presentación da campaña de difusión dos incentivos á contratación da Dirección Xeral de Promoción do Emprego. Tamén interveñen o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González.

Compartir: