Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 3 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Álbino Vázquez, para presentar o IV SEMINARIO IBÉRICO de Aparcamentos e Mobilidade Urbana. Na rolda tamén estará o director do seminario e vicepresidente da Asociación Española de Aparcamentos e Garaxes, Ramón Llopart.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No IES Rosalía de Castro, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visita os participantes da Escola Municipal de Verán de Inglés.

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa).

18.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a devandita Fundación.

20.00 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste, xunto co concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, á clausura do ciclo conferencias ferroviarias organizado pola Cámara de Comercio de Santiago.

20.30 h
Via Stellae
No CGAC, charla-coloquio co compositor Fernando Buide, baixo o nome 'Nómadas en Roma: compositores contemporáneos na Academia de España', previa ao concerto de 'Compositores na Academia de España en Roma' dentro do Via Stellae.

21.30 h
Via Stellae
No CGAC, 'Compositores na Academia de España en Roma' con Ensemble s21 e Eva Juárez, soprano, dentro do Via Stellae 20/21.

Compartir: