Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe ao Premio Nobel de Medicina en 2001, Tim Hunt.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a programación da concellería de Deportes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, obradoiro de pequenos cineastas, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola concellería de Centros Socioculturais.

19.00 h
No Centro Sociocultural de Vite, a concelleira de Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asiste aos actos celebrados con motivo do Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeneracional organizados polo Equipo de Dinamización Urbana Santiago Norte coa colaboración do Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

19.15 h
No edificio anexo ao Colexio Santiago Apóstolo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita o novo local social da Almáciga, xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

22.00 h
Na Zona "C", concerto de Fasenuova dentro do ciclo Compostela Rock e enmarcado no Festival Curtocircuíto (Asturias, electrónica).

Curtocircuíto
10.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Público Novo 2.
12.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Público Novo 2.
18.00h. No Abastos EGC, proxeccións de Tentación 1.
18.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Internacional 3.
20.00h. No Abastos EGC, Happy Hour con proxección de Videoclips.
20.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Compostelae 2.
22.00h. Na Zona "C", concerto de Fasenuova (Asturias, electrónica)
22.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Internacional 4
De 10.00 a 14.4.30 e de 15.30 a 18.00h. Na Zona "C", Mercado Audiovisual.

Compartir: