Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 7 de maio

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG; Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.00 h
Na Casa do Concello, recepción á SD Compostela.

12.30 h
Na Casa do Concello, recepción ao Blusens Monbus Obradoiro CAB.

18.00 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, conferencia e coloquio con Maximino Zumalave baixo o título 'Rasgos fundamentais da historia da música en Galicia'

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentan a nova imaxe corporativa e páxina web do deporte compostelán.

20.00 h
Na sala Capitol, concerto de Toy Dolls (Inglaterra, punk-rock) no que presentan o seu novo disco 'The album after last one' e de Novedades Carminha (Santiago, garage-punk) dentro do ciclo Compostela Rock e enmarcado en Curtocircuíto.

Curtocircuíto
18.00 e 20.00h. Na Zona "C", proxeccións de Explora-Aqualogy 2 e Internacional 1.

Ler, contar e gozar coas letras
18.00 CSC de Conxo, Cóntame un conto. Nenos/as
19.00 CSC de Conxo, Estamos de contada. Todos os públicos

Compartir: