Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 31 de maio

11.00 h
Na Cámara de Comercio, presentación do ciclo de xornadas ferroviarias. Asisten: o alcalde de Santiago, Ángel Currás; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; e o presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocarril (FEAAF), Carlos Abellán.

11.00 h
No pavillón de Lamas de Abade, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, clausura a Escola deportiva de Lamas de Abade.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar o VII Certame de Danza Intercentros.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 26 de abril de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do día 11 de maio de 2012.
3. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora da inspección técnica das edificacións (ITE).
4. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM para a ampliación do cemiterio de San Xián de Carballal (equipamento relixioso R.05.1).
5. Aprobación definitiva do estudo de detalle da U-13 do PE-1 (Apertura da rúa de Belvís).
6. Ampliación de usos docentes na reserva de equipamento docente DP-2/DI-2 do plan parcial do SUP-5. Choupana.
7. Aceptación da delegación da competencia da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para autorizar obras e intervencións no perímetro azul.
8. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM na rúa da Estrada-esquina con travesía da Estrada.
9. Aprobación definitiva da modificación puntual do PERI de Vieiro no ámbito da AE.
10. Aprobación inicial da ordenanza de ocupación da vía pública.
11. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza do reguladora do programa de axuda no fogar.
12. Proposta da Alcaldía de representación do grupo municipal do Partido Popular en diversos organismos.
13. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a toma de medidas para paliar o descenso da actividade comercial en Compostela e o conseguinte peche de establecementos comerciais.
14. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á conmemoración do 20 aniversario da declaración da UNESCO de Santiago como cidade cultural Patrimonio da Humanidade en 2015.
15. Proposición do grupo municipal do BNG para favorecer a incorporación laboral das persoas con risco de exclusión social.
16. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á regularización das persoas empregadas do fogar.
17. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
18. Dar conta dos certificados individuais positivos emitidos ata a data ao abeiro do RDL 4/2012.
19. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de 14 de maio de 2012, de delegacións na Concelleira Delegada de Educación e Normalización Lingüística.
20. Dar conta de resolucións da Alcaldía, de nomeamento de persoal eventual, designación de primeira tenente de alcalde, delegación de competencias, representación do grupo popular en comisións informativas, de atribución de funcións á Secretaría Xeral de apoio, e de dedicación exclusiva.
21. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
22. Rogos e preguntas.
23. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Shakespeare para ignorantes' de Producións Teatrais Excéntricas. Con Mofa e Befa e Quico Cadaval. Con música en directo interpretada por Fernando Reyes.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel. Con Nancy Fabiola Herrera, mezzosoprano.

Compartir: