Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 30 de maio

10.15 h
No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, inaugura a Xornada "os produtos para a xubilación en tempos de crise", organizada pola Unión de Consumidores de Galicia.

11.00 h
No pazo de Bendaña (praza do Toural) o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o maratón de lectura dedicado a Eugenio Granell con motivo do centenario do seu nacemento. Asisten as concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez (11.00 h), e de Persoal, Amelia González (13.00 h).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a nova web da Concellería de Cultura, www.compostelacapitalcultural.org

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

13.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Shakespeare para ignorantes' de Producións Teatrais Excéntricas. Con Mofa e Befa e Quico Cadaval. Con música en directo interpretada por Fernando Reyes.

Letras Galegas
19.00 h. Centro Sociocultural de Vite. Mario pensa que o galego non serve para nada. Nenos e nenas entre 6 e 12 anos.

Compartir: