Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de maio

10.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores municipais con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita.

10.00 h e 11.30 h
No Colexio A Inmaculada cunha sesión ás 10.00 h e no CEIP Quiroga Palacios ás 11.30 h, continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "Os cantos no país do xeo", organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar o IV Concurso de Balcóns.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Polígono do Tambre (Vía La Cierva s/n), o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a Xunta de Mercagalicia. Ás 13.30 h, preside o Consello de Administración da devandita entidade.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á proxección de Gran Torino, dentro do programa Cine classics’12. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película co guionista Ángel de la Cruz.

20.00h.
No Teatro Principal, Chévere presenta 'Citizen, a triloxía completa'. Dirixida por Xesús Ron e con Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández e Iván Marcos.

Compartir: