Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar as Festas da Ascensión. Asisten Xoél López, Iván Ferreiro e Eladio, de Eladio y los Seres Queridos.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

13.15 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, obradoiro de pequenos cineastas, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.

20.00 h
No CSC do Ensanche, obradoiro para adultos de guión cinematográfico con Ángel de la Cruz, gañador de 3 premios Goya, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto. Dentro do acto inaugural, haberá Cineconcerto coa Bada Municipal de Música que interpretará música de Antón Alcalde sobre a proxección de 'The Pawnshop' de Charles Chaplin.

22.30 h
No Teatro Principal, proxeccións de Curtocircuíto Internacional 1.

Compartir: