Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 16 de maio

11.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, participa nas diferentes actividade e obradoiros previstos para este día no marco da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e a editorial Kalandraka. Con motivo da celebración das Letras Galegas, reforzaranse as actividades previstas dando acollida a un maior número de asistentes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o campamento deportivo do Club Deportivo Conxo.

12.00 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto literario con motivo do Día das Letras Galegas organizado pola USC.

12.30 h
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, o alcalde compostelan, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, reúnese co presidente da Asociación, Jesús Chenel.

20.30 h
No CSC do Ensanche, mesa redonda aberta e participativa "traballar no audiovisual: segredos e recantos das rodaxes". Participan Dimas González (Compostela Film Commission), Dani de la Torre (director), Pepe Coira (guionista), Julio Casal (produtor) e Camila Bossa (actriz). Dentro do programa Cine Classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.

Festas da Ascensión 2012

12:00 h. Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12:30 h. Pasarrúas
12:30 h. Comparsa de Cabezudos
19:30 h. FESTIVAL SON A. Multiusos Fontes do Sar
(apertura de portas ás 18:30 h.)
19:30 h. Novedades Carminha
20:15 h. The Blows
21:00 h. Eladio y los Seres Queridos
21:50 h. Xoel López
23:25 h. Iván Ferreiro
01:00 h. Triángulo de Amor Bizarro
20:00 h. Pasarrúas
20:30 h. COMPOSTELA CINE CLASSICS¨12
MESA REDONDA: "TRABALLAR NO AUDIOVISUAL: SEGREDOS E RECANTOS DAS RODAXES".Participan: Dimas González, Dani de la Torre, Pepe Coira, Julio Casal e Camila Bossa. CENTRO SOCIOCULTURAL DO ENSANCHE
23:00 h. Orquestras na Alameda: COSTA OESTE. Paseo central da Alameda

Compartir: