Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 12 de maio

A partir das 9.00 h
No Pavillón de Vite, Campionato de España de Hóckey a patíns feminino sub-16.

10.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, e a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, inauguran o Día Internacional da Familia. Ás 11.00 h visitan as mesas informativas.

11.30 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira Rebeca Domínguez asiste á sesión de contacontos para bebés incluída na Campaña municipal de animación á lectura.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Tortoise dentro do ciclo Sons 2012. É o debut da banda en Galicia. (Chicago, post.-rock).

Letras Galegas
18.00 h
Na praza da igrexa de San Pedro, Atopando Compostela .

Ler, contar e gozar coas letras
18.00 h, CSC da Trisca, Obradoiro: Elaboramos a nosa libreta. Todos os públicos.
17.00 a 18.30 h, CSC das Fontiñas, Obradoiro de liberación de libros (bookcrossing). Todos os públicos.
19.00 h, CSC de Vite, Actividade de animación á lectura: "Unha casa chea de contos".Nenos/as.
17.00 h, CSC de Conxo, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos.

Compartir: