Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 10 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de España de Hóckey Feminino.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Xosé Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
Na Zona "C", Mesa Redonda 'O novo cine romanés' dentro de Curtocircuíto. Participan os directores Paul Negoescu (membro do xurado internacional e director das curtas 'Renovare' e 'Derny' proxectadas na retrospectiva), Cristi Iftime (director de '15 Julie' que participa no Concurso internacional), e Andrei Dobrescu (cuxa curta 'Lost springs 2' forma parte da restrospectiva). Moderada por José Manuel Sande do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) é de entrada libre.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, obradoiro de pequenos cineastas, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola concellería de Centros Socioculturais.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Leiva que presenta o seu primeiro disco en solitario, 'Diciembre', dentro do ciclo Compostela Rock (Madrid, pop-rock).

22.00 h
No Abastos EGC, concerto de Coralie Yap-Chine Quartet, dentro de Curtocircuíto (Santiago, jazz).

Curtocircuíto
10.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Escolas Galegas 1.
15.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Escolas Galegas 2.
18.00h. No Abastos EGC, proxeccións de Robots 1.
18.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Compostelae 3.
20.00h. No Abastos EGC, Happy Hour con proxección de Videoclips.
20.00h. Na Zona "C", proxeccións de Romanía 2.
20.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Internacional 5.
22.00h. No Abastos EGC, concerto de Coralie Yap-Chine Quartet.
22.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Explora 2.
De 10.00 a 14.4.30 e de 15.30 a 18.00h. Na Zona "C", Mercado Audiovisual.

Ler, contar e gozar coas letras
19.00 h, CSC de Vite, actividade de animación á lectura: "Unha casa chea de contos". Nenos/as
18.30 h, CSC da Trisca, obradoiro: Construímos un marcapáxinas. Todos os públicos.

Compartir: