Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 7 de decembro

10.00 h a 19.00 h
No Hotel Puerta del Camino, XVIII Campionato de España de Dominó por Equipos.

10.30 h
No CEIP Monte dos Postes, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, participa no acto de conmemoración do 34º aniversario da Constitución organizado polo Concello no que os rapaces de primaria lerán artigos do texto. A concelleira repartirá exemplares entre os nenos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Franciso Reyes, e do deputado Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar a ambientación de Nadal do Concello.

18.00 h
No CSC de Fontiñas, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición con motivo do 50 aniversario da SD Compostela.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de 'A historia do corazón do reloxo' de Trécola Teatro dentro do festival de Teatro Agustín Magán.

Vive o Nadal 2012
18:00 CSC de Vite Belen do centro, Nenos
18.30 CSC da Trisca, Facemos o Belén do Csc A Trisca, Nenos
18.30 CSC da Rocha, Decoramos o centro, Nenos
18.30 CSC da Gracia, Pequenos decoradores navideños, Nenos
18.00 LSC Cardenal Quiroga, Decoramos o centro, Nenos

Compartir: