Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 11 de decembro

9.30 h
No Mupega (San Lázaro, 107), o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a conferencia final do proxecto ParkAtlantic, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

10.30 h
No Arcebispado, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión da Fundación San Castor e Santa Adelaida, vinculada ao Proxecto Home - Fundación Monte do Gozo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municpal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar o II encontro empresarial Getting Contacts, que se celebrará o vindeiro venres en Área Central. Na rolda tamén estarán Daniel Ramos, presidente de AJE Galicia, e Juan Carlos Losada, xerente de Área Central.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación cultural do Concello para este Nadal.

12.10 h
No Mupega (San Lázaro,107), a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, participa na conferencia final do proxecto ParkAtlantic coa ponencia "O impacto do proxecto ParkAtlantic en Santiago e accións de capitalización: o Plan de Acción Local dos parques de Compostela".

13.45 h
No Salón Vermello, recepción aos socios do proxecto ParkAtlantic.

18.30 h
Na Fundación Eugenio Granell, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste á inauguración da exposición "A enerxía da asociación son os seus socios" realizada polos membros da asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos de Enfermos mentais.

19.00 h
No Local Social de Amio, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á actividade de pintado de figuras do belén colectivo que están a realizar os rapaces e rapazas que participan nas actividades dos centros dentro do programa Vive o Nadal 2012.

20.30 h
No Teatro Principal, Paso de Valverde presenta 'Sánatos' dentro do Festival de Teatro Agustín Magán.

21.00 h
Na Zona "C", Xoán Curiel preseta 'Novas' dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: