Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de novembro

10.30 h
No Salón de actos da Sede do Colexio de Arquitectos de Galicia (praza da Quintana, 3), a concelleira de Urbanismo, María Pardo, e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, inauguran o curso "Inspección Técnica de Edificios. Módulo I".

11.00 h
No Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela (Salvadas, 29-31), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, e de membros do grupo Santiago é Noite para dar conta do resultado dunha campaña desenvolvida nos seus locais para axudar ás familias con poucos recursos da cidade, facendo unha achega para contribuir á Operación Cueiro, desenvolvida dende o Concello, co recadado coa venda dos cócteis especiais deseñados para a ocasión nos locais de Santiago é Noite.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Salón Verde, sinatura do convenio de colaboración entre o Concello, a Xunta de Galicia, o IGVS e a Fundación Laboral da Construción para a creación en Santiago do Centro Estatal de Formación en Rehabilitación. Asisten: o alcalde compostelán, Ángel Currás; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e presidente do IGVS, Agustín Hernández; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e o presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad.
NOTA: Declaracións ao remate da firma no Salón Verde.

12.00 h
No Palacio de Congresos (sala Santiago), a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á entrega dos premios II Campionato Galego de FP Galicia-skills 2012.

13.00 h
No Salón Vermello, recepción aos asistentes ao Congreso de Historia da Medicina.

13.00 h
No CEIP de Vite, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste ao magosto organizado polo centro.

18.00 h
No Cersia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, manteñen unha reunión cos directores dos CEIP de Santiago.

Compartir: