Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 8 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa Asociación de Veciños Casa Agraria de Meixonfrío.

11.30 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas (c/ Berlín, 13), o grupo de investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña realizarán unha demostración práctica do funcionamento do dispositivo pioneiro de teleasistencia avanzada denominado Telexerontoloxia. Asisten os concelleiros de Benestar Social, Paula Prado, e Centros Socioculturais, Francisco Noya, e o director do grupo de investigación e catedrático en Xerontoloxía Clínico e Social na UDC, José Carlos Millán Calenti.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h
No IES de Sar, o concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, visita os obradoiros de banda deseñada que se están desenvolvendo en colaboración cos alumnos de Bacharelato Artístico.

19.30 h
Na sede do COAG (praza da Quintana), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación da publicación "Reurbanización do espazo público de San Clemente en Santiago de Compostela".

Compartir: