Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 7 de novembro

9.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o Congreso DeSoUrb (Desenvolvemento Sostible Urbano).

10.30 h
No IES de Sar, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á clase que impartirán os gañadores do V Premio Internacional "Compostela" de álbums ilustrados ao alumnado e profesorado de 1º e 2º de Bacharelato Artístico para explicarlles a técnica e o proceso de creación do álbum premiado "Bandada".

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Asociación de Taxis.

12.30 h
No Teatro Principal, o concelleiro de Festas, Francisco Noya, asiste á ROLDA DE PRENSA na que Luar na Lubre presenta o seu último álbum "SONS DA LUBRE NAS NOITES DE LUAR ". Parte do disco foi gravado o 31 de xullo na praza da Quintana con motivo do peche das festas do Apóstolo.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para informar dos acordos da reunión do Consello de Emuvissa, que se celebra hoxe ás 12.00 h.

19.00 h
No Salón Vermello, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, preside o acto de entrega do V Premio Internacional "Compostela" de álbums Ilustrados.

Compartir: