Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 6 de novembro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música: 'Cine e música'.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, e da deputada no Congreso, Rosana Pérez, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e do vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, para presentar a XIII Edición do Premio Manuel Beiras.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás; do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e do director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar a XXVI edición de Cineuropa que se celebra do 8 ao 30 de novembro en diversos lugares da cidade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na sede de El Correo Gallego (rúa do Preguntoiro), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega de premios aos colexios participantes na Carreira Pedestre.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell (praza do Toural), os concelleiros de Educación, Rebeca Domínguez, e de Xuventude, Adrián Varela, asisten á inauguración da exposición de deseño de xoias do certame XuventudeCrea 2012.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Mavis Staples dentro do ciclo Galicia Importa

Compartir: