Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 23 de novembro

10.00 h
No Hotel Peregrino (avenida Rosalía de Castro), o concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, asiste á inauguración das Xornadas de desemprego, emprendemento e autoemprego xuvenil.

10.00 h
No Auditorio de Galicia, as concelleiras Paula Prado e María Castelao asisten á inauguración do VI Seminario sobre D.I e Saúde Mental.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Normalización Lingüística dos concellos de Santiago, Rebeca Domínguez; de Ames, Eugenia Martín; de Teo, Carme Hermida; e do alcalde de Rois, Ramón Tojo; para presentar a fase comarcal do Club de Debate.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Benestar Social e Muller, Paula Prado, participa no acto que levarán a cabo nenos e nenas dos colexios de educación infantil e primaria de Santiago con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia de xénero.
Esta actividade, de nome "Eu digo si, eu digo non", consistiu na realización previa por parte dos nenos da súa súa silueta recortada en dúas cores (branco e negro) onde puxeron o seu particular "Eu digo si" na cara branca como apoio á igualdade, confianza, negociación; e o seu "Eu digo non" na cara negra como rexeitamento á intimidación, ás ameazas, ó dominio, ó control. Unha vez realizado o seu perfil expoñerano na praza do Obradoiro, onde se montará todo un tendal, mostrado a solidariedade coas mulleres, nenos e nenas que sofren malos tratos e o rexeitamento que a sociedade, cada vez máis concienciada, mostra cara á violencia de xénero. Ás 12.00 h, gardarse un minuto de silencio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar o Premio Antón Fraguas. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, e de representantes da Asociación de Hostelería, para a presentación de cursos de formación.

17.00 h
No Salón Vermello da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, entrégalle o premio Cineuropa a Najwa Nimri.

17.45 h
No salón de actos do Colexio La Salle, a concelleira de Persoal, Amelia González, asiste ao acto de recoñecemento de Centro Educativo polo Comercio Xusto á Escola da Inmaculada e ao Colexio La Salle.

19.00 h
No Salón Vermello, presentación do libro de Enrique Beotas "Don Gerardo Fernández Albor, la elegancia del compromiso". Presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás.

20.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Kiko Veneno de celebración dos vinte anos de publicación de 'Échate un cantecito!' dentro do ciclo Compostela Rock.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Persoal, Amelia González, asiste á IV Noite da Enxeñería en Informática de Galicia.

20.30 h
Na Zona C, Obradoiro de Debuxos Animados dentro das actividades paralelas de Cineuropa

Cineuropa
Teatro Principal
16.00 Sapatos pretos Retrospectiva Joao Canijo
17.45 Ganhar a vida Retrospectiva Joao Canijo
20.00 Paradise: Love Sección Oficial
22.15 Paradise: Faith Sección Oficial
00.15 Compliance Panorama Internacional
Salón Teatro
16.00 Dous fragmentos / Eva Audiovisual Galego
18.00 Les amours imaginaires Retrospectiva Xavier Dolan
20.00 Great Expectations Sección Oficial
22.15 Barbara Sección Oficial
00.15 J’ai tuè ma mere Retrospectiva Xavier Dolan
CGAC
17.00 Xoan Escudero: Curta nº 2 / Curta nº 3 Victor Hugo Seoane: As portas do tempo Audiovisual Galego
19.00 Lois Patiño En el movimiento del paisaje / Montaña en sombra /
Paisaje: Duración Carretera / Paisaje: Duración Rocas / Na Vibración Audiovisual Galego
20.00 Dame Veneno Docs Music
21.15 Xes Chapela: Jazz en liberdade Audiovisual Galego

Compartir: