Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 16 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, sinatura da addenda ao protocolo de colaboración para a organización do proxecto de Dinamización Lingüística "Club de Debate". Participa a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e representantes dos concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Rois, Teo e Vigo.

11.00 h
En Lires, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, incorpórase ao tramo do Camiño de Fisterra que está a realizar persoal de Turismo de Santiago (tramo Lires-Muxía).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación dunha nova campaña de promoción do fútbol sala, realizada entre o Concello de Santiago e o Santiago Futsal, na que estarán presentes o concelleiro de Relacións Institucionais, Participación Cidadá, Centros Socioculturais e Festas, Francisco Noya, e o presidente do Santiago Futsal, Ramón García.

16.00 h
No Restollal (Hotel Tryp), a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, participa no Congreso de Psicoanálise da Violencia.

17.30 h
En Segovia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, inauguración da exposición "Eclecticismo en estado puro" de Alfonso Rivero de Aguilar.

20.00 h
No Teatro Principal, o concelleiro Francisco Noya, entrega o Premio Cineuropa ao cineasta Pedro Costa.

20.00 h
Na Zona C (Bonaval) 'O fantabuloso cine ambulante dos Irmáns Lumieira' dirixido por Víctor Mosqueira, dentro das actividades de Cineuropa.

Teatro Principal
18.15 A puerta fría Sección Oficial
20.00 Premio Cineuropa: PEDRO COSTA
22.15 Amour Sección Oficial
00.30 Leviathan Cineuropa Docs
Salón Teatro
16.00 Vicente Vázquez e Usue Arrieta Canedo / Goitik Behera behetik gora Audiovisual Galego
18.00 Los increíbles Cineuropa Docs
20.00 Educación física Buenos Aires Connection
22.00 When day breaks (Kad swane dan) Sección Oficial

40º aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da Unesco
Visita guiada á Alameda (11.00 h) e Bonaval (16.00 h) e Xornada de portas abertas en 16 museos e monumentos da cidade :
1. Casa da Troia. Horario: 11:00-14:00 / 16:00-20:00 h.
2. CGAC . Horario: 11:00-20:00 h.
3. Fundación Eugenio Granell - Pazo de Bendaña. Horario: 11:00-14:00 / 16:00-20:00 h.
4. Hostal dos Reis Católicos. Horario: 11:00-14:00 / 16:00-19:00 h.
5. Mosteiro de San Martiño Pinario. Visita guiada de 2 horas de duración. Hora de comezo: 10.30. Reservas en Turismo de Santiago: 981 555 129.
6. Museo da Catedral. Horario: 10:00-13:30 / 16:00-18:30 h.
7. Museo do Pobo Galego - Convento e Igrexa de San Domingos de Bonaval. Horario: 10:00-14:00 / 16:00-20:00 h.
8. Museo das Peregrinacións - Casa Gótica. Horario: 10:00-15:00 h.
9. Museo de Arte Sacro - Mosteiro e Igrexa de San Paio de Antealtares. Horario: 10:30-14:00 h.
10. MUPEGA . Horario: 10:00-14:00 / 16:00-20:00 h.
11. Museo de Arte Sacro - Colexiata de Santa María a Real de Sar. Horario: 10:30-14:00 h.
12. Museo da Anestesia do Colexio Médico - Facultade de Medicina. Horario: 9:00-21:00 h.
13. Museo de Antropoloxía e Etnografía Sotelo Blanco. Horario: 9:00-15:00 h.
14. Museo Centro Gaiás - Cidade da Cultura de Galicia. Horario: 11:00-20:00 h.
15. Museo das Peregrinacións e de Santiago. Horario: 10:00-14:00 / 16:00-20:00 h.
16. Museo de Terra Santa - Convento e Igrexa de San Francisco. Horario: 10:30-13.30 / 16:00-19:00 h.
Máis información: www.parquealamedasantiago.com e www.santiagoturismo.com.

Compartir: