Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 30 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar as Xornadas IMPACTIC, actividade do Santiago Investors Support. Na rolda tamén estará un representante da Asociación de Hostelería, entidade colaboradora na organización do evento.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar a programación da Escola Municipal de Música de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Sanidade, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías), conferencia titulada A cultura da cidade, a cargo de Darío Villanueva.

20.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), concerto de Ensemble s21 dentro das Xornadas de Música Contemporánea baixo o nome 'Europa Leste-Europa Oeste, Wladimir Rosinskij'.

22.30 h
No Centro Galego de Arte Conteporánea, concerto de Ton Risco (vibráfono e percusión) e Jacobo de Miguel (piano) que presentan 'Dúo' dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: