Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de outubro

10.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asina varios convenios de colaboración coas entidades ASPANAES, Cáritas, Colexio de Avogados, AGADEA, AGAL, Xoán XXIII, Itínera, Cociña Económica, Fundación Secretariado Xitano, Espiña Bífida (AGEGI), FEAFES Galicia e Proxecto Home. Declaracións ao inicio.

10.30 h

No Polígono do Tambre, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, únese a peregrinación que realiza a Asociación Hostalería Compostela polo Camiño Inglés (No Restaurante O Polígono). Ás 13.00 h, recepción no Salón Vermello aos participantes.

11.30 h
Na Facultade de Medicina (Aula Castelao), o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura as XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte. A continuación (12.00 h), o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, intervirá cunha ponencia sobre "A evolución da implantación do deporte na sociedade moderna".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamento, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e os membros de Produccións Excéntricas-Mofa e Befa Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval e Piti Sanz para presentar a estrea absoluta de Románticos, a súa nova obra, que se representará no Teatro Principal do 31 de outubro ao 4 de novembro.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o embaixador de Corea do Sur en España, Oh Dae-Sung.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no XIII Coloquio Ibérico de Xeografía.

19.30 h
No Conservatorio Profesional de Música, concerto da pianista Elisa Vázquez Doval baixo o nome 'Cage100.John Cage, a 100 anos do seu nacemento'. Enmarcado nas Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte.

20.30 h
Na Zona "C", o Colectivo As Churras presenta 'A Triloxía: Clitemnestra' dentro do ciclo Teatro&Danza.

22.30 h
Na Igrexa da Universidade o TAC. Taller Atlántico Contemporánea presenta 'Bob Dylan&Siniestro Total re-visitados' dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Con Diego García, director e Carmen Gurriarán, soprano.

Compartir: