Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, para presentar o Plan de intervención nos delitos contra a seguridade viaria.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

16.00 h
Na Escola Infantil Municipal das Fontiñas (rúa Londres, 12-14), a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, xunto co conselleiro de Educación en funcións, Jesús Vázquez, asiste á presentación do Programa de dinamización lingüística familiar "Os Axóuxeres 2012"

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 27 de setembro de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 11 de outubro de 2012.
3. Aprobación inicial da modificación puntual da ordenanza municipal reguladora da publicidade e rotulación.
4. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, da ordenanza municipal de ocupación e uso da vía pública.
5. Expediente de modificación de créditos: adquisición de mobiliario urbano.
6. Designación de novos membros da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.
7. Dar conta de persoamentos e sentenzas en recursos contencioso-administrativos.
8. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á gala de entrega dos Premios Gallegos del Año.

20.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Arch Enemy+Voivod+Titans Eve dentro do ciclo Compostela Rock.

20.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de Vertixe Sonora Ensemble dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.00 e 23.00 h
No Teatro Principal, Ángel Martín e Ricardo Castella presentan 'Nunca es tarde... para hacer tus sueños realidad' dentro do ciclo Falabaratos.

21.00 h
Na Zona "C", Belén Gordillo 'Nenacaracol' presenta 'Contratiempos' dentro do ciclo Teatro&Danza e en colaboración coa Escola Internacional da Comicidade.

Compartir: