Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de marzo

9.30 h
No Salón Reitoral (pazo de San Xerome, 1º andar), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras S.L, Uninova. A continuación, asiste á reunión do Consello de Administración da Sociedade Cursos Internacionais.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os comercios homenaxeados polo Concello no ano 2011.

12.00 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste ao acto de inauguración da I Xornada Técnica sobre Concellos e Educación en Galicia "O proxecto cotiá da cidade educadora". Tamén asisten o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, e os concelleiros de Educación dos Concellos da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, do presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e do director xeral de Jet Ready, José María Espinosa, con motivo do inicio das operacións da compañía desde o aeroporto de Lavacolla.

20.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a rúa do Cruceiro do Gaio. Punto de encontro: cruce con Poza de Bar.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Manuel Hernández Silva con Mojca Erdman, soprano.
21.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns baixo o título 'Hoxe toca vento metal'.

Compartir: