Previsións informativas para o mércores 30 de abril
Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico
9.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán e presidente da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico (CCAA), Xosé A. Sánchez Bugallo, dá a benvida aos participantes no Buró Executivo.
9.15 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán e presidente da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico (CCAA), Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Buró Executivo da devandita entidade.
12.45 h.
No Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico (CCAA), Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo alcalde de Rennes, Daniel Delaveau, e polo secretario xeral da CCAA, Xavier Gizard, para dar conta dos asuntos tratados no Buró Executivo.
10.00 h. e 12.00 h.
No Teatro Principal, títeres para escolares da man da compañía Sol y Tierra baixo o título "Érase unha vez no espazo", froito da colaboración entre a Concellaría de Educación e a Obra Social e Cultural de Ibercaja. Entre todas as representacións programadas participarán máis de 1.800 alumnos e alumnas de 5 a 11 anos dos centros de ensino composteláns.
12.00 h.
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o II Torneo Xacobeo- Compostela Esgrima- Ranking Galego de Espada 2008 e o XII Concurso de Fotografía Deportiva.
12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar a programación da Concellería para o mes de maio.
20.00 h.
No Centro Sociocultural de Fontiñas, inauguración da exposición "Anacos", de Amelia Riveira.
Festas da Ascensión 2008
12.00 h.
Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 h. e 20.00 h.
Pasarrúas: gaiteiros e fanfarrias
12.30 h.
Pasarrúas: cabezudos
Praza das Praterías
12.45 h.
Pasarrúas: cabezudos
Praza do Toural
A partir das 18.00 h.
Realización de Graffiti
Campus Sur
22.00 h.
Orquestra FILADELFIA
Paseo Central da Alameda
23.00 h.
Concerto: CAMPUS PARTY
CORNELIUS, RAGDOG, DJ SASH (Alemaña), DJ JESSE GARCÍA (España)
Campus Sur (entrada libre)
24.00 h.
Música no Toural
SUPERSANWICH (funky)
Praza do Toural