Previsións informativas para luns 19 de abril
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Navia Rivas sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: as roldas retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.30 h
No Auditorio Abanca, (rúa Preguntoiro, 23), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro "40 años de descentralización en España (1978-2018): Balance y perspectivas", de Santiago Lago Peñas.
19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de bares, pubs e discotecas de Santiago.