Previsións informativas para o martes 7 de maio
10.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016, dentro do Programa ConCiencia.
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o roteiro Antón Fraguas.
12.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Gala do Libro.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para dar conta da consulta preliminar ao mercado relativa á contratación da prestación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.
18.00 a 20.00 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, #CONVERSANDO: "María Lado e Iria Pinheiro, entrevista bidireccional", actividade do Club C! relacionada co espectáculo "Anatomía dunha serea".