Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 2 de outubro

9.45 h
No Parlamento, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á xornada conmemorativa dos 100 anos do Pazo do Hórreo.

10.00 h
No Auditorio, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao II Encontro hispano-luso de Psiquiatría.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, xunto co presidente de Fademga, Eladio Fernández, para presentar a nova denominación e identidade corporativa da Federación. A continuación na Praza do Obradoiro, entrega de vehiculos ás entidades federadas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Deportes, Noa Morales, recibe os membros do Club Arteal Tenis de Mesa.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe 50 peregrinos de FEAFES Galicia.

13.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto con motivo da festividade da Policía Nacional.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, Descubre unha orquestra para ti, a túa! coa Real Filharmonía de Galicia. Interpretan obras de E. Soutullo e J. Sibelius.

19.30 h
No Hotel San Francisco, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á gala con motivo do 25 aniversario de Ondacero.

20.30 h
Na Zona C, inauguración do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. Coa intervención da tenente de alcalde do Concello de Santiago, María Rozas; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director do festival, Pela del Álamo.

Festival Internacional de Títeres Galicreques
Consultar programacion en www.galicreques.com

Compartir: