Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 19 de setembro

11.15 h
Na Praza de Abastos (Aula Gastronómica), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura Compostela Gastronómica. Asisten a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os directivos da International National Trust Organisation (INTO), procedentes de varios países, que chegan á praza do Obradoiro tras completar o último tramo do Camiño Inglés desde Sigüeiro.

16.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á lectura da declaración de Santiago de Compostela sobre turismo e peregrinacións que precede á clausura do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da OMT.

16.50 h
No Castiñeiriño, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, corta a cinta de saída da XIII Volta Ciclista a Galicia.

18.00 h
Na Praza de Abastos (Aula Gastronómica), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á ponencia "A espontaneidade na cociña", a cargo dos chefs Lucía Freitas e Iago Castrillón, de A Tafona e Acio, dentro de Compostela Gastronómica.

19.00 h
Na rúa da Fonte do Briso (Teo), a concelleira de Deportes, María Corral, asiste á entrega de premios da XIII Volta Ciclista a Galicia.

20.00 h
No Museo-Fundación Eugenio Granell, exposición POPtrait Rock Parrulo.

21.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, partido entre o Santiago Futsal e o Zaragoza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao concerto de presentación de temporada da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Andrés Salado e con Clara Mouriz, mezzosoprano.

21.00 h
Na Zona C, Bértola Teatro Desmontable presenta 'O pack cósmico' de Mario Iglesias. Dentro do Bono de Teatro Galego.

Compartir: