Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 29 de xullo

10.30 h
No paseo central da Alameda, a concelleira María Corral asiste á exhibición de unidades policiais da Policía Nacional para os nenos que están a participar no programa de conciliación Mañás de Verán dos Centros Socioculturais. Asisten arredor duns 90 nenos dos centros de Vite, Santa Marta e Fontiñas, así como os nenos que participan no campamento do instituto Rosalía de Castro.

11.30 h
En Carcacía, a concelleira de Xuventude, María Corral, visita os rapaces que participan na xornada de multiaventura dentro do programa de Lecer e Aventura "Verán Activo 2014" organizado pola Concellería.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Festas, María Antón, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o programa de Verán na Rúa que se celebra desde o 30 de xullo ata o 29 de agosto.

FESTAS DO APÓSTOLO

22.00 h Praza da Quintana Entrada libre ata completar aforo
La banda del camión en concerto
Riff Raff en concerto.

Compartir: