Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 12 de xullo

11.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita a I Feira de Antigüidades, acompañado pola concelleira de Economía, Reyes Leis.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Alejandro Sánchez-Brunete, recibe un representante de Bombeiros sin Fronteiras que está a facer o Camiño de Santiago co obxectivo de recadar fondos para Nicaragua.

20.30 h
Na Capela da Orde Terceira, concerto de Germán Díaz e David J. Herrington que presentan 'Le voyage_unha viaxe de ida e volta coa lira organizzata' dentro do Festival Via Stellae.

21.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe 245 peregrinos náuticos.

23.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na terceira proba do III Circuíto de Carreiras saudables CorreSan, con saída da praza da Quintana (saída dos adultos). O percorrido continuará pola rúa do Vilar, rodeando a Alameda e voltará cara á Quintana pola rúa Nova. Para os máis pequenos o circuíto cínguese ás rúas Nova e Vilar. O horario de saída é ás 22.15 para as categorías benxamín e alevín e ás 22.30 para as categorías infantil e cadete.

Compartir: