Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 6 de maio de 2014

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Talía Teatro presenta 'Pelos na lingua' dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
En Madrid, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, para presentar a liquidación do orzamento.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os integrantes do equipo de fútbol sala Santiago Futsal con motivo da súa proclamación como gañadores da Copa Xunta de Galicia. Asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

19.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega das condecoracións aos axentes da Policía Local que participaron no tráxico accidente ferroviario acaecido o día 24 de xullo de 2013.

Compartir: