Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 26 de maio de 2014

10.00 h
No Cersia, xuntanza de Área Santiago. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, dará conta en ROLDA DE PRENSA da xuntanza de Área Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na praza Roxa, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, asiste á presentación da campaña de dinamización do consumo que se desenvolverá na cidade baixo o lema "As compras na túa vila teñen prezo", organizada pola Federación Galega de Comercio.

16.00 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao inicio do curso de preparación de entrevistas de traballo, organizado polo seu departemento.

20.00 h
No Teatro Principal, representación da obra "H", do grupo de teatro do Colexio San Jorge, gañadora de primaria do XIX Certame de Teatro Intercentros. Ao remate da representación, a concelleira de Educación, María Castelao, fará entrega dos diplomas aos centros participantes e os agasallos aos premiados.

20.00 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de fin de curso de alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, dentro do ciclo A escola na cidade.

Compartir: