Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de maio de 2014

9.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os alumnos do colexio Le Mourion (Francia), que están de intercambio cos alumnos do Colexio Peleteiro.

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto co novo membro do xurado de Top Chef, Yayo Daporta, (chef cunha Estrela Michelín), e Javier Llanos, director de Top Chef, con motivo da gravación dun dos programas da nova temporada en Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Benestar Social, María Castelao, para presentar o II mercadiño solidario Trócame-Roque. A concelleira estará acompañada por profesionais pertencentes a entidades sociais e educativas do barrio de Fontiñas:
Isabel Suárez Carballo. Fundación Secretariado Xitano.
Alejandro Quiñoá Casteleiro. Asemblea de Cooperación pola Paz.
Pablo Méndez Trigo. Cruz Vermella.
Eva Ramos Martínez. Programa de atención a familias Abeiro.
Alicia Castelo Vieites. Programa de atención a familias Abeiro.
Sara Cives Negreira. CEIP Fontiñas.

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro de Cándido Pazos.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar a Programación de verán da Concellería.

20.00 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de fin de curso de alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, dentro do ciclo A escola na cidade.

21.00 h
No Teatro Principal, a ORQUESTRA COMPOSTELA celebra o seu 95 aniversario. A entrada é de balde e poderanse retirar as invitacións na billeteira do Teatro Principal a partir das 18.00 h.

Compartir: