Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de maio

10.30 h
Na Capela de Urbanismo, reunión da Comisión asesora de patrimonio histórico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a actividade Dia do Xogo dos Centros Socioculturais. Acompañará ao concelleiro Yovana Quintana, animadora sociocultural de aulas de xogo.

17.00 h
No salón de actos do Colexio Peleteiro, as concelleiras de Educación e Normalización Lingüística, María Castelao e Rebeca Domínguez, asisten ao acto de entrega dos XLII premios literarios Minerva.

19.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o premio nobel de Medicina, Harald Zur Hausen.

21.00 h
No Teatro Principal, Ut-Tópico Teatro presenta 'Diante do espello' de Fran Godón, dentro do ciclo Teatro&Danza.

Todo o día
No claustro da primeira planta de Fonseca, continúa a exposición fotográfica "Noroshi, proxecto-reconstrución do norte do Xapón", polo ano dual España-Xapón.

Compartir: