Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsions informativas para o venres 16 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á SD Compostela co motivo do final de tempada regular de fútbol.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

13.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes nas VI Xornadas Farmacéuticas de Galicia e Asemblea Nacional da Federación de Farmacias españolas.

19.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao, asiste á celebración do Día da Familia. Programa:
Inchables
Contacontos de 19 a 20 h
Mago Xacobe de 20 a 21 h

20.30 h
Na Zona C, Ut-Tópico Teatro presenta 'Antiheroica' de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. Dirixida por Fran Godón e Vanessa Sotelo está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

21.00 h
No Teatro Principal, Amancio Prada presenta 'A Rosalía de Federico' dentro do ciclo Sons'14.

Compartir: