Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de maio de 2014

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa Tribuna Galicia no que participa a ministra Ana Pastor.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o alumnado de catro centros (IES Eduardo Pondal, Compañía de María, La Salle e IES Xelmírez II) asistirán a un acto de homenaxe e achegamento á figura e á obra de Xosé María Díaz Castro. Está protagonizado por Santi Cribeiro e Héctor Lorenzo (músicos) e Serafín Marcos (actor), inclúe unha dramatización e un concerto preparados especialmente para a mocidade pola Editorial Galaxia, dentro do programa "En galego con todas as letras".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao, para presentar o Día da Familia.

14.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, saúda á delegación de Wakayama, que chega a Santiago.. Asiste a concelleira de Turismo, Reyes Leis.

20.00 h
No Teatro Principal, representación da obra gañadora de secundaria do XIX Certame de Teatro Intercentros. Ao remate da representación, a concelleira de Educación, María Castelao, fará entrega dos diplomas aos centros participantes e os agasallos aos premiados.

Semanda de Xapón en Santiago
- 12:00 - 13:00 h. Demostración de Arte Floral Ikebana
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
30 prazas. Gratuíto con inscrición previa.
- 18:30 - 19:30 h. Obradoiro de Arte Floral Ikebana
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
10 prazas para participantes (admítese máis público como espectador).
Gratuíto con inscrición previa.

Compartir: