Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 10 de maio de 2014

Sábado 10

A partir das 10.30 h
No Centro SocioCultural e Xuvenil do Ensanche, actividades da Concellería de Xuventude:Torneo de Infinity (xogo de miniaturas galego) de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30, con presenza de personal creador do xogo para presentar novidades e falar cos afeccionados.
-Xornada de xogos de mesa. Ao mesmo tempo habilitaranse un par de mesas con xogos de taboleiro para quen quera probalos e, incluso, se alguén se quere achegar cos seus propios xogos, poderá facer uso das mesmas. Entre os xogos a ofertar estará o recentemente publicado xogo de cartas "KRYNEA: BATTLEFIELD" do autor compostelán Ramón González.

11.45 h
Na praza do Toural, a concelleira de Servizos Sociais, María Castelao, asiste á lectura do manifesto en solidariedade cos parados, acto organizado por Cáritas.

12.30 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste, no marco da XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura, á sesión de contos deseñada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias. Nesta actividade está prevista a participación de preto dun cento de familias.

13.00 h
No reciento Feiral de Amio, a concelleira de Educación, María Castelao, visita os obradoiros de perruqueria equina e canina, organizados pola UMAD.

18.00h
No Salón Teatro, Bandullo Azul presenta 'A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres' dirixida por Evaristo Calvo e enmarcada dentro do ciclo Infantil&Familiar.

20.00h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica e Orquestra Xuvenil do Conservatorio Profesional de Música de Santiago dirixidas por Roberto Santamaría, Alejandro Valcárcel e Elena Felpeto, dentro do ciclo de Novas Orquestras.

20.30h
Na Fundación SGAE, concerto de triCiclo 5 con The Entrance Band, Cuello e Triángulo de Amor Bizarro dentro do ciclo Compostela Rock.

20.30h
Na Zona C, Ut-Tópico Teatro presenta 'Antiheroica' de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. Dirixida por Fran Godón e Vanessa Sotelo está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

20.30h
No Teatro Principal, concerto da Asociación de Amigos da Ópera con María Ruiz, soprano, e Carlos E. Pérez pianista. Interpretan arias de ópera de Puccini, Wagner e Verdi.

Semana de Xapón en Santiago
- 10:00 - 11:30 h. Obradoiro de Obento para nenos (de 6 a 12 anos)
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
15 prazas. Gratuíto con inscrición previa.
- 10:30 - 11:00 h. Exhibición de Aikido
Lugar: Pavillón Deportivo da Universidade de Santiago (Campus Sur).
Actividade gratuíta.
- 12:00 - 13:30 h. Cerimonia de té Sadō
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
30 prazas. Gratuíto con inscrición previa.
- 16:30 - 18:00 h. Obradoiro de papiroflexia Origami (nenos a partir de 8 anos e adultos)
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
Pases de 30 minutos. 25 prazas cada pase. Gratuíto con inscrición previa.
- 17:30 - 19:00 h. Demostración da arte de vestir kimono ou Kitsuke
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
30 prazas. Gratuíto con inscrición previa.
- 19:00 - 20:00 h. Concerto "The Road of Hasekura Tsunenaga". Música con frauta Shakuhachi
Igrexa de San Fiz de Solovio.
150 prazas. Gratuíto con recollida previa de tícket.

Compartir: