Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 7 de abril

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o Consello de Administración da devandita entidade. Declaracións ao remate (aprox. 11.15 h).

10.00 h
No Parlamento de Galicia, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, comparece na comisión non permanente de estudo sobre a Seguridade Viaria en Galicia.

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibe os xogadores e directivos da selección absoluta de fútbol sala de Xapón.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a directora do Palacio de Congresos de Santiago, Belén Montero, para presentar a primeira edición de DiverPascua 2014, evento de ocio en familia para a Semana Santa.

Compartir: