Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de abril de 2014

A partir das 8.30 h
No edificio Cersia, Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Benestar Social do Concello.
PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN DAS FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO : SAF / UPAP
Inspector Luis Gil Gamallo. Xefe UPAP Comisaría Provincial A Coruña (Brigada Provincial de Seguridade Cidadá)
Inspector José Carlos Noya Muñiz. Xefe Grupo Operativo SAF Comisaría Local de Santiago de Compostela (Brigada Local de Policía Xudicial)

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de Enduro.

12.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o Foro de Intermediación e Emprego. Asiste a concelleira de Emprego, Reyes Leis. Iniciarán o percorrido no túnel de entrevista de traballo, onde os interesados pasan por diferentes fases dunha simulación de entrevista de traballo. Continuarán vendo a zona de dixitalización de currículums e subirán ás aulas de formación, onde as entidades do pacto local imparten os cursos certificados a máis de 900 alumnos. Tamén farán unha parada na antesala das escaleiras para visualizar as illas de presentación e dinámicas de empresas onde pasarán estes días 1.500 persoas con cita. Finaliza o percorrido na zona das entidades do pacto local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Salón Vermello, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, entrega os premios do Certame MúsicaXove 2013. Asisten o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Educación, María Castelao.

16.15 h
Na Biblioteca da Cidade da Cultura, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, inaugura o II Encontro de Centros para unha convivencia positiva.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 27 de marzo de 2014 (núm. 5/14).
2. Aprobación de crédito extraordinario núm. 2014-CREXT-00.
3. Proposta da concelleira delegada de economía, emprego, comercio, turismo e mercados relativa á inclusión da oficina de promoción económica e emprego do Concello de Santiago como socio da Asociación RED de entidades para o desenvolvemento local "REDEL".
4. Proposta da concelleira delegada da área de desenvolvemento urbano e sostible para que o xardín ubicado detrás da igrexa e do antigo hospital de San Roque leve a denominación de Parque das Ciencias Padre Sarmiento.
5. Proposta do concelleiro delegado de mobilidade, seguridade cidadá e tráfico sobre distincións da Policía Local.
6. Proposta do concelleiro delegado de mobilidade de creación da Xunta Local de Protección Civil.
7. Declaración de utilidade pública da obra de emerxencia de remodelación de estrutura de madeira da cuberta e falsos teitos do IES Rosalía de Castro, promovidas pola Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aos efectos previstos no artigo 8.1 da Ordenaza Fiscal núm. 1.04 (imposto sobre construcións, instalacións e obras).
8. Aprobación inicial da modificación da ordenanza do servizo de transporte colectivo en autobús da cidade de Santiago de Compostela.
9. Proposición do BNG para articular medidas destinadas ao mantemento do pequeno comercio e dos estabelecementos emblemáticos co remate das rendas antigas.
10. Proposición do grupo municipal socialista relativa ao anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
12. Rogos e preguntas.
13. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
Na Zona C, inauguración da intervención 'Levons-nous!, o himno das mulleres'. Participan o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; a autora da intervención, Carolina Cruz Guimarey; e a comisaria, Clara Rodríguez Cordeiro.

Compartir: