Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 26 de marzo

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a Comisión Executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, 'Tres mestres do clasicismo', concerto didáctico coa Real Filharmonía de Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Emprego, Reyes Leis, para presentar o Foro da Intermediación e o Emprego.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de Ximnasia Rítmica.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o campionato Galego de Duathlón absoluto e categorías.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para presentar o concerto familiar-infantil Toc Toc, que chegará este sábado ao Auditorio de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2014. Na rolda tamén estarán os músicos Pablo Díaz e Olga Kirk.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, para presentar o "Paseo dos literarios" cuxa colocación das primeiras pedras terá lugar ás 18.00 horas. Tamén se presentará o libro sobre este paseo, que transcorre entre a Porta dos Leóns e a estatua de Rosalía.

18.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, fan un percorrido polo "Paseo dos literarios" dende a Porta dos Leóns ata a estatua de Rosalía.

19.00 h
No Salón Teatro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro "Salón Teatro. Corazón do espectáculo".

20.00 h
No Salón Verde, o concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, preside o Consello de Relacións Veciñais.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de 'A Mamma' de Teatro do Noroeste. Con Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso.

Compartir: